viernes, 5 de julio de 2024

INFORMACIÓN XERAL - TESOUROS DIVERSOS "A RIQUEZA DO CAMIÑO INGLÉS"

ASCM PRESENTA UN PROGRAMA DE PASEOS/RUTAS VINCULADOS AO CAMIÑO INGLÉS PARA TODOS OS PÚBLICOS E GRATUITO




Con este programa de rutas, A asociación ASCM busca facer participes á toda sociedade da plena inclusión. É por iso que buscamos levar a cabo actividades nas que calquera persoa, independientemente das súas condicións físicas ou mentais, poidamos participar da vida social, e aprender sobre o noso patrimonio natural e cultural.

¿QUÉ IMOS FACER?
Paseos vencellados ao Camiño Inglés, e con contidos acerca do patrimonio natural e cultural, e a valorización do produto pesqueiro de cada zona.

¿CANDO O IMOS FACER?
6 Xornadas de Xullo, en horario de maña e tarde.

¿CÓMO ME PODO INSCRIBIR?
A través do formulario web que podes atopar en https://tesourosdiversos.blogspot.com/ ou por WhatsApp no teléfono 604 05 57 03.

RECOMENDACIÓNS
Para os paseos, recomendamos roupa cómoda, calzado pechado ou de ser aberto con suxecións (chanclas non). Crema solar e auga. Quen queira tamén pode levar froita ou algún alimento.

ENLACES DE INTERÉS
Web do GALP Ártabro Norte: https://galp.xunta.gal/golfo-artabro
Web Concello Ferrol: https://www.ferrol.es/
Web Concello Narón: https://www.naron.gal/
Web Concello Neda: https://neda.gal/
Web Concello Cabanas: https://cabanas.gal/
Web Concello Mugardos: https://mugardos.gal/es/
Web Concello Pontedeume: https://www.pontedeume.gal/

A continuación presentamos cada unha das rutas ou paseos a levar a cabo, no que contamos os puntos de encontró e de final do paseo, a duración e un pouco os contidos xerais que veremos na ruta.


RUTA 1: MARTES 9 DE XULLO (10.30 H)

DÍA 9 DE XULLO, MARTES, 10.30 HORAS.


PUNTO DE ENCONTRO: LETRAS DE FERROL

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/BapCwxF7QxNSwkBFA

Final do paseo: Museo Construción Naval (https://maps.app.goo.gl/cXdFY4rQWfN8eXvG6)

Aproximadamente: 1,5 km.

Breve explicación do paseo:

O paseo comeza no punto de encontró das Letras de Ferrol (imaxe). Aquí, daremos a coñecer as infraestructuras portuarias (portos, lonxas, peiraos…) E falaremos da importancia do sector pesqueiro na vila de Ferrol. A continuación daremos un paseo polo Arsenal de Ferrol, declarado Ben de Interés Cultural, e composto polas instalacións marítimas, defensas e control do porto militar destinadas, polo tanto, ao aprovisionamento (armamento), ao mantemento e á construción (estaleiros) dos buques. Finalizamos o paseo no museo da Construción Naval.

Inicio da ruta:



Fin da ruta:



RUTA 2: XOVES 11 DE XULLO (16.40 H)


 DÍA 11 DE XULLO, XOVES, 16.30 HORAS.


PUNTO DE ENCONTRO: Ermita Praia Caranza. 

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/a3PRBNYfPhkKEptV7

Final do paseo: Enseada do Montón (https://maps.app.goo.gl/VSVJoSrUsYRQJiZN8)

Aproximadamente 1,5 km.

Breve explicación do paseo:

Damos inicio na ermita (ou capilla) de Caranza, al lado do Parque Carmelo Teixeiro. Faremos un percorrido polo paseo pegado á raia, onde poderemos observar diferentes especies vexetais. Falaremos de marisqueo, especies mariñas, condicións oceanográficas da ría, a vinculación do mar e sociedade, veremos diferentes instalacións como son os tanques de tormentas, e falaremos dos sistemas de depuración.

Inicio da ruta:


Fin da ruta:








RUTA 3: MARTES 16 DE XULLO (10:30 H)

 

DÍA 16 DE XULLO, MARTES, 10.30 HORAS.


PUNTO DE ENCONTRO: Letras Narón.

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/sfKNHeZsyYZbaUSH6

Final do Paseo: Parking Neda (https://maps.app.goo.gl/FvsTWRJf4czSMkqh7).

Aproximadamente 2 km.

Breve explicación do paseo:

Xuntarémonos para comezar o paseo no Hito do Kilómetro 100 do Camiño Inglés, al lado das Letras de Narón. Dende aquí faremos un paseo cruzando pola ponte peonil de Xuvia ata chegar á altura do parking a carón da rÏa, en Neda. Neste paseo, falaremos dos muiños, das zonas de marismas e humidias protexidos, das zonas de especial protección de aves, e tamén das especies tanto animias como vexetais que podamos observar no camiño.

Inicio da ruta:


Fin da ruta:





RUTA 4: XOVES 18 DE XULLO (16:30 H)

DÍA 18 DE XULLO, XOVES, 16.30 HORAS.


PUNTO DE ENCONTRO: Praia da Magdalena

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/WDzoTEyejPXEn8wx7

Final do Paseo: Parque do Areal ( https://maps.app.goo.gl/geeT264r1cTZqFTaA), Zona punto de información turística.

Aproximadamente 1,5 km.

Breve explicación do paseo:

Comezaremos o noso paseo no incio da Praia da Magdalena. E percorreremos a mesma atravseando o paseo da Praia entre as dunzas e zona de piñeiros. Neste espazo poderemos observar ecosistemas mariños e terrestres. Falaremos da importancia das dunas para os ecosistemas e as súas especies, tanto animais coma vexetais.

Inicio da ruta:



Fin da ruta:



RUTA 5: MARTES 23 DE XULLO (10:30 H)


 DÍA 23 DE XULLO, MARTES, 10.30 HORAS.


Punto de Encontro: Centro de Interpretación CIMM Cabanas

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/5CvWcNnWFLXyhQCTA

Final do Paseo: Albergue P. Pontedeume (https://maps.app.goo.gl/jRAFL75UwG5R6Yeg6)

Aproximadamente 1,5km.

Breve explicación do paseo:

Neste caso, comezamos no centro de interpretación do medio marió de Cabanas, onde poderemos ver as súas instalación e os seus contidos. Ao finalizar, faremos o paseo pola ponte de Pedra para chegar a Pontedeume. Pasaremos polo albergue de peregrinos e chegaremos ata a zona da Lonxa. Falaremos sobre o tráfico maritimito e as súas sinalizacións, do funcionamento da lonxa, etc.


Inicio da ruta:


Fin da ruta:







RUTA 6: MARTES 30 DE XULLO (16:30 H)

 

DÍA 30 DE XULLO, MARTES, 16.30 HORAS.


Punto de Encontro: Senda dos Sentidos

Ubicación: https://maps.app.goo.gl/Rbj8z3RWp5h2XgEd6

Final do Paseo: Ponte do Porco (https://maps.app.goo.gl/dhBr9vv7EvJFtVAP7)

Aproximadamente: 1,3 km

Breve explicación do paseo:

O paseo inicio na unión da senda dos sentidos e o camiño de Santiago. Faremos un pequeño camiño de asfalto, para unirnos ao camiño de madeira, de paseo por diante da Praia da Alameda. Estamos a pasar por espazos protexidos con diferentes figuras de protección, e poderemos observar especies de aves como virapedras, e correlimos. Tamén pasaremos pola antiga fábrica de curtidos e falaremos sobre o patrimonio cultural e histórico da zona, para acabar a ruta chegando á Ponte do Porco, Atópase a beiras do Lambre, fronteira natural entre os concellos de Miño e Paderne, no pequeno estuario formado na súa desembocadura co mar.

Inicio da ruta:


Fin da ruta:





INFORMACIÓN XERAL - TESOUROS DIVERSOS "A RIQUEZA DO CAMIÑO INGLÉS"

A SCM PRESENTA UN PROGRAMA DE PASEOS/RUTAS VINCULADOS AO CAMIÑO INGLÉS PARA TODOS OS PÚBLICOS E GRATUITO Con este programa de rutas, A asoci...